24/2/13

PEDRO, DISFRÁZASE DE PROTAGONISTA

MENUDA SEMANIÑA, O VENRES 8 TIÑAMOS DESFILE E HABÍA TANTO POR FACER: DISFRACES, DESFILES, MÁSCARAS,.. A TODO ISTO HAI QUE ENGADIR QUE TEMOS DE PROTAGONISTA A


PEDRO


PEDRÁCULA!!! SE ATA CASE DÁ MEDO!!





NON DISPUXEMOS DE MOITO TEMPO. MENOS MAL QUE A SEMANA SEGUINTE , QUE DURABA DOUS DÍAS, PUIDEMOS COMPLETAR AS TAREFAS DO PROTAGONISTA.


EN PLENA SEMANA DO ENTROIDO, A POSE PARA O RETRATO, CONTOU CUN ATUENDO BEN ESPECIAL..





MENUDO TESOURO!!!
 PARECE QUE TODOS TRAEN O MESMO, PERO PRESENTAN OS SEUS "TESOUROS", COMA SE FORAN ÚNICOS. E O MELLOR DE TODO, É QUE O GRUPO DE COMPAÑEIROS RECÍBEOS CON MOITÍSIMO INTERÉS.





O QUE SÍ NOS QUEDOU BEN CLARIÑO, É QUE ESTE OSO, NON É UN BONECO CALQUERA!!!





É ZANAHORIA!!!  











A PELI QUE QUERE AMOSAR A SEMANA DE PEDRO:





VISITA DA FAMILIA!!

DE TODAS AS VISITAS, A QUE TIVEMOS DA FAMILIA DE PEDRO FOI A MÁIS ACCIDENTADA. POUQUÍSIMO TEMPO, FALLOS TÉCNICOS, INTERRUPCIÓNS MOI INOPORTUNAS, MOITO RUÍDO NO CORREDOR (ANDABAN A BAIXAR TODAS AS CADEIRAS PARA O PAVILLÓN), ....

MANOLO PILOTANDO O ORDENADOR


AÍNDA ASÍ, OS NENOS ATENDERON A TODO O QUE NOS CONTARON E NOS AMOSARON DA CASA DOS AVÓS DE PEDRO.






O AGASALLO NAS MANS DE PEDRO


PERO... O AGASALLO QUE NOS TROUXERON MANOLO E RUTH FOI TAN MARAVILLOSO QUE COMPENSOU, CON CRECES TODAS ESAS ADVERSIDADES.

DE QUE SE TRATA? QUE TROUXERON? AHHH!! QUEDA EN SORPRESA, PORQUE PARA FACER UNHA PRESENTACIÓN XEITOSA DESTE AGASALLO, PRECISAMOS TEMPO (ALGO SUPER ESCASO POR ESTES LARES)



MOITAS GRAZAS RUTH, POR ESE ENTUSIASMO INFINITO, GRAZAS MANOLO POR ESE TALENTAZO QUE NOS AMOSACHES. 
(PERO NON VAN SER TODO LOUBANZAS, MIRAR QUE NON NOS VIR DISFRAZADOS ESE DÍA!!! XA VOS VALEU!!!)

PARABENS FAMILIA!!!

TAMÉN POÑEREMOS PELI DESTA VISITA, PERO XA SABEDES QUE LEVAMOS ALGO DE RETRASO NAS SEGUNDAS PARTES.




É PRECISO INCLUIR NESTA ENTRADA DO BLOG, OUTRAS EXPERIENCIAS DE PEDRO, E ALGUNHA TAMÉN RELACIONADA COA SÚA FAMILIA:

PEDRO GAÑA O CONCURSO DO MAGOSTO





O PROFE TINO, COLOCOU NA ENTRADA DO COLE, UNHA BOTELLA ENORME CON MOITAS CASTAÑAS DENTRO. HABÍA QUE DAR CO NÚMERO DE CASTAÑAS.

DE TODO O COLE..., QUEN GAÑOU? DOUS NENOS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

COMO PREMIO, AGASALLARON A PEDRO CUN CONTO PARA A SÚA CLASE.




O QUE ACONTECEU ESE DÍA...


PEDRO GAÑA O CONCURSO DE CORES CON PALABRAS

MOITAS FAMILIAS DA NOSA CLASE RESPONDERON Á CHAMADA QUE FIXEMOS DE CREACIÓN DE POEMAS QUE ILUSTRARAN O CUADRO DO PINTOR QUE ESTAMOS A TRABALLAR.

OS POEMAS QUE CHEGARON A TEMPO FORMAN PARTE DUN LIBRO EDITADO POLOS ORGANIZADORES DO CONCURSO.

HOUBO 3 PREMIOS, E TODOS ELES PARA ALUMNOS DO NOSO COLE, PERO DOUS DELES, O PRIMEIRO E O TERCEIRO, PARA COMPAÑEIROS DA NOSA CLASE: PEDRO E GAEL.

ESTADE ATENTOS QUE NALGÚN MOMENTO APARECERÁN POR ESTE BLOG OS POEMAS...


A UN ACTO MOI POMPOSO, ACUDIMOS VARIAS PERSOAS DA NOSA CLASE PARA COMPROBAR A QUEN LLE TOCARA O PREMIO.

BRAIS, NON DEIXOU QUE SE ABURRIAN
PEDRO, HUGO E ANTÓN
CHELI, A MAMÁ DE HUGO, ANA, A MAMÁ DE ANTÓN
E MANOLO, O PAI DE PEDRO

















QUE NERVIOS CANDO HAI QUE SAIR ALÍ ADIANTE A RECIBIR O AGASALLO!!!


PERO UNHA VEZ FORA, UFF!!, QUE ALIVIO E QUE ALEGRÍA!!!


PARABENS!!!


PEDRO ESPECIALISTA EN APERTAS


A PROFE MARI LUZ, A ORIENTADORA, VEU POLA NOSA CLASE PARA FACERNOS UNHA PROBA. TRÁTASE DUNS EXERCICIOS PARA COÑECER MÁIS SOBRE NÓS.

ESA PROBA ERA UN TRABALLO MÁIS DE CLASE... PARA CASE TODOS!!. HOUBO UNHA PERSOA QUE O PASOU UN CHISCO MAL, PÚXOSE MOI NERVIOSO E CHOROU UN POUQUIÑO.

DESPOIS DE REMATADA A TAREFA, APROVEITAMOS PARA FALAR DO QUE PASARA. A CONCLUSIÓN MÁIS IMPORTANTE FOI QUE CANDO NOS ATOPAMOS TAN MAL, O QUE MÁIS NOS APETECE É A APERTA DALGUÉN MOI IMPORTANTE PARA NÓS.

DESTA CONVERSA PROCURAREMOS NON TARDAR MOITO EN PUBLICAR O VÍDEO QUE SE PUIDO GRAVAR ESE DÍA. NON ESTÁ TODO O QUE PASOU, PORQUE NON ANDAMOS COA CÁMARA COLGADA SEMPRE, PERO SÍ HOUBO QUE FACER POR COLLELA CANDO NON QUEDOU MÁIS REMEDIO, PORQUE A COUSA TIÑA UN XEITIÑO, UN AQUEL, QUE XA VEREDES...


IMPAGABLE O DESENLACE... BREVE, PERO FANTÁSTICO!!!


ESTES VÍDEOS, XUNTO CON OUTROS QUE SE ESTÁN PRODUCINDO NA NOSA CLASE, FORMARÁN PARTE DUN NOVO APARTADO QUE APARECERÁ NAS PESTANAS SUPERIORES DO BLOG, E QUE SE CHAMARÁ ALGO ASÍ COMO PENSAR, REFLEXIONAR, FILOSOFAR....



2 comentarios:

  1. Moitiiisimas grazas María polos teus comentarios e sobre todo por este blog. Ter a oportunidade de observalos polo burato da porta é o que sempre dexesamos. Os estás convertindo en homiños.....hai que ver como razoan jaja. Un saúdo a todos os adictos a este blog. Ruth.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a tí Ruth, gracias a vós, que sempre estades aí axexando e axudando.

      Eliminar