TÓCALLE A VEZ A
HUGO RIBADAVIA
COMEZAMOS COAS TAREFAS:
PESARSE
MEDIRSE
FACER O AUTORETRATO
TRABALLAR A COR FAVORITA,
A PEGADA DA MAN
PERO ONDE HUGO SE ESMEROU,
FOI NA POSE PARA O RETRATO QUE LLE FACÍAN OS COMPAÑEIROS.
A MÁIS COMPLICADA DE TODAS AS QUE LEVAMOS!!!
UXÍA E ROI VÍRONNO ASÍ:
A SEMANA DE HUGO ESTIVO ALGO ACCIDENTADA, PORQUE COINCIDIRON MOITOS NENOS ENFERMOS E ERAMOS MOI POUQUIÑOS EN CLASE.
PERO, COMO NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA, SER TAN POUCOS POSIBILITOU QUE A PRESENTACIÓN DAS FOTOS SE PUIDERA FACER CON TODOS AO REDOR DUNHA MESA, ONDE HUGO ÍA PRESENTANDO, UNHA A UNHA, AS FOTOS QUE TROUXO DA CASA.
FOI MOI IMPORTANTE O TRABALLO QUE FIXO A FAMILIA PARA QUE HUGO PUIDERA DAR TODO TIPO DE DETALLES.
PERO HUGO TROUXO TAMÉN UNHA MOCHILA CON RECORDOS DE TODA A SÚA VIDA E QUE QUEDARON NO SEU RECANTO DE PROTAGONISTA:
XOVES, VISITA DA FAMILIA
ANA E MIGUEL, A MAMÁ E O PAPÁ, CONTARON CON HUGO COMO ANFITRIÓN QUE OS RECIBEU E PRESENTOU Á CLASE.
MIGUEL NON TARDOU EN POÑER AOS NENOS A 100, COAS HISTORIAS E AS LENDAS DO PICO SACRO
(DENDE AQUELA, MÁIS DE UN NENO XA FOI DE VISITA AO PICO SACRO)
HOUBO CANCIÓNS E BAILES..,
"A GALIÑA TURULECA" CORREU POLA CLASE ATA QUE PUXO 10 OVOS"!!!
TROUXERON UN AGASALLO, UNHA ESPÁTULA DE MADEIRA, PARA CADA NENO, QUE ACORDAMOS QUE NON FORA PARA AS CASAS ATA QUE O TRANSFORMARAMOS EN ALGO FEITO POR NÓS.
OS NENOS FIERON UNS TÍTERES PRECIOSOS, QUE GUSTARON MOITO E QUIXEMOS COMPARTIR COS COMPAÑEIROS DE INFANTIL. MIGUEL, O PAPÁ DE HUGO PROPORCIONOUNOS ESPÁTULAS PARA TODOS.
MOITAS GRAZAS FAMILIA, POLOS AGASALLOS, OS XOGOS, ENCHER AS CABECIÑAS DOS NENOS CON DRAGÓNS, ESPADAS MÁXICAS, CABRAS,... E POLA VOSA ADICACIÓN E RESPOSTA CANDO PRECISAMOS DA VOSA AXUDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario