16/12/12

MAIKEL, PROTAGONISTA.




ENTRE O 10 E O 14 DE DECEMBRO, O PROTAGONISTA NA NOSA CLASE FOI


MAIKEL






CADA VEZ OS PROTAGONISTAS COMPLICAN MÁIS O DEBUXO QUE HAI QUE FACER DELES, BUSCANDO POSES ONDE IMPORTA MOITO A COLOCACIÓN DAS EXTREMIDADES.


DESPOIS DA PRESENTACIÓN QUE FIXO MAIKEL, MONTAMOS O SEU RECANTO DE PROTAGONISTA, ONDE NON PODÍA FALTAR A SÚA CAMISA FAVORITA.

O DÍA DA VISITA DA FAMILIA, TIVEMOS MOI MALA SORTE. CHOVÍA MOITÍSIMO, NON PUIDEMOS SAÍR AO PATIO. HOUBO QUE FACER O RECREO NA AULA. E XUSTO, CANDO ÍAMOS EMPEZAR A XOGAR, CHEGOU A VISITA!! 
QUE PACIENCIA TIVERON FRAN E UXÍA!! 

PORQUE ERA NECESARIO UN CERCO DESCANSO, PERO TAMÉN HABÍA APURO POLA HORA QUE ERA E POLO TRABALLO DO PAI DE MAIKEL.

AO FINAL, A PESARES DE QUE O GRUPO EN XERAL TIÑA "MOITA PRÉSA" POR IR REMATANDO... A COUSA NON SAEU MAL DE TODO, E PUIDEMOS DISFRUTAR DUNS MOMENTIÑOS TODOS XUNTOS.




DO QUE FIXEMOS... AQUÍ QUEDA UNHA MOSTRA:



12/12/12

TEMOS UN NOVO XOGO, DE EXPRESIÓNS

NA COLUMNA DA DEREITA, ONDE ESTÁN AS ACTIVIDADES DO CORPO, PODEDES ACCEDER A UN XOGO QUE TRABALLA AS EXPRESIÓNS.

SE PICADES NA IMAXE TAMÉN PODEREDES XOGAR.


FOI RECOLLIDO DA PÁXINA JUGAR EN LÍNEA CON BARTOLO.


11/12/12

RUBÉN.... 5 ANAZOS!!!

POR RIBA DUN MAR DE BOMBÓNS,APARECE UN NENO QUE XA TEN 5 ANOS.



PARABENS RUBÉN!!!

10/12/12

XA ESTÁ O VÍDEO DE ÓSCAR...

DESPOIS DA VISITA AO TALLER, XA PODEMOS VER O VÍDEO DE ÓSCAR. QUEDA NA SÚA ENTRADA.

4/12/12

HOXE CUMPLO 5 ANOS!!

CANDO ESTÁ CHEGANDO O NADAL, SARA CELEBRAOS SEUS 5 ANOS, COMPARTINDO UN "CONTO DE NADAL".


3/12/12

3 DE DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

PROTAGONISTA: HUGO

REMATAMOS ESTE MES DE NOVEMBRO CON HUGO COMO PROTAGONISTA.

















POSADO PARA O RETRATO QUE FAN OS COMPAÑEIROS.











O ESPELLO, O GRAN ALIADO PARA FACER O MELLOR DOS AUTORRETRATOS.
















CANTAS COUSIÑAS PREPAROU HUGO COA SÚA FAMILIA PARA AMOSARNOS.






TIVEMOS MOITA SORTE NA VISITA, PORQUE VIÑERON DÚAS PERSOAS:






CHELY, A MAMÁ DE HUGO




















E TANIA, 

A SÚA MADRIÑA (E TÍA!!!)




CONTARON UN CONTO CHULÍSIMO, FALAMOS DE TODO UN POUCO E... DESPEDÍRONSE DOCEMENTE!!!


O CONTO "OS 3 PORQUIÑOS" QUEDARÁ NA PESTANA DE CANCIÓNS E CONTOS, QUE SE ATOPA DEBAIXO DO TÍTULO DE "ÉCHE O QUE HAI"


A CONTINUACIÓN, A PELI QUE TRATA DE CONTAR UN CHISCO DO MOITO QUE ACONTECEU NESTA SEMANA:
(QUEDOU UN CHISCO LONGA, ASÍ QUE PACIENCIÑA PARA QUE CARGUE!






26/11/12

ÓSCAR: PROTAGONISTA

ENTRE OS DÍAS 19 E 23 DE NOVEMBRO O PROTAGONISTA NA NOSA CLASE FOI

ÓSCAR






CHEGOU A SEMANA DE ÓSCAR. MOI SERIO FIXO UN POSADO PARA QUE O RETRATARAN.









AMOSOUNOS TODAS AS COUSIÑAS QUE TROUXERA DA CASA






E CONTAMOS COA VISITA DE IVÁN, O IRMÁN VELLO DE ÓSCAR QUE NOS FIXO PASAR UN TEMPO MOI AGRADABLE. COMPARTIU CON NÓS HISTORIAS, ANÉCDOTAS, CONTOS... E REMATOU DUN XEITO MOI, MOI DOCE.







 SE QUEREDES SABER MÁIS, MIRADE NO SEGUINTE VÍDEO:




XA ESTÁN COLGADOS OS CONTOS QUE MILAGROS, A MAMÁ DE ÓSCAR GRAVOU PARA "ESTAR CON NÓS". PODEDES ATOPALOS NO SEU SITIO, ONDE VAN PARAR OS CONTOS.
PICADE NA PARTE DE ARRIBA DESTE BLOG, ONDE PON CANCIÓNS E CONTOS.

18/11/12

ABRAHAM: PROTAGONISTA

ABRAHAM 

















FOI O PROTAGONISTA DENDE O 12 AO 16 DE NOVEMBRO DE 2012.









CONTOU COA AXUDA DA SÚA FAMILIA PARA REUNIR E PREPARAR AS COUSIÑAS QUE QUIXO COMPARTIR CON NÓS.









NESTA OCASIÓN CONTAMOS CUNHA FAMILIAR MOI ESPECIAL PARA ABRAHAM:



A SÚA AVOA DE PORTELA, MERCEDES, QUE NOS AGASALLOU CON MOITAS ADIVIÑAS QUE DESPOIS LEVAMOS PARA CASA.










UNHA MOSTRA DESTA SEMANA:

13/11/12

SARA LOUREIRO: PROTAGONISTA.

DENDE O 5 ATA O 9 DE NOVEMBRO, A NOSA PRIMEIRA PROTAGONISTA FOI:


SARA LOUREIRO


DURANTE ESTA SEMANA, INAUGURAMOS ESTA NOVA EXPERIENCIA.

FOI UN POUCO DURO, PORQUE AÍNDA NON ESTAMOS AFEITOS, PERO CANDO LLE COLLAMOS O RITMO, SERÁ FACILÍSIMO!!



SARA TROUXO COUSIÑAS DA SÚA CASA, PARA AMOSARNOS E COMPARTIR CON NÓS O QUE VIVIRA.









PERO O QUE REALMENTE NOS GUSTOU FOI A VISITA DO SEU PAI, ALFREDO, QUE ADEMÁIS DE FACERNOS UNHA PELÍCULA SOBRE A VIDA DE SARA, TAMÉN NOS FIXO XOGOS, ARROLOUNOS CUNHA ANAINA E AMOSOUNOS O SEU "LIBRO DE ÁRBORES"










AQUÍ QUEDA UNHA MOSTRA DESTA INTENSA SEMANA:



29/10/12

UN SAMAÍN COMA UN MUNDO...

UNHA COMPAÑEIRA DE TADEGA FIXO UN RECOPILATORIO SOBRE RECURSOS DO SAMAÍN.... GRANDE COMA UN MUNDO!!!

PICA NA IMAXE...


27/10/12

NO SAMAÍN... MONSTROS!!!

SE PICAS NA IMAXE, PODERÁS FACER MONSTROS HORROROSOS E MOI SIMPÁTICOS QUE BAILEN ESBIRREN, CANTEN,...

PROBA E VERÁS...


18/9/12

PEDRO TEN 5 ANOS!!!



MIRADE QUE AGASALLO TAN CHULO NOS TROUXO!!

13/9/12


AROA E A SÚA CÁMARA VISITAN O COLE!!!


PARA CONTARLLE Á ESTRADA COMO EMPEZOU O COLE, VIÑERON OS FOTÓGRAFOS!!

SE QUERES VER O QUE CONTA "CATROGATOS" PINCHA AQUI



O ALCALDE E A CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN VIÑERON COMPROBAR O BEN QUE QUEDARON AS AULAS E O CORREDOR DE INFANTIL.
OS NENOS PREGUNTARON E AS PROFES FIXEMOS PROPOSTAS...
QUE TAL UN BAÑO AO FINAL DO CORREDOR? 
VEÑA! ÁNIMO!

24/5/12

BICHARADA: IMOS AO TEATRO!!!

PARA SABER MÁIS COUSAS DO QUE IMOS VER, PICA EN BICHARADA

 HAI BICHOS, E... MÚSICA!!!        
 ASÍ SONA O HANG...

9/3/12

XANDRE, O ELEFANTE SEN SOMBRA

[De non visualizar este contido interactivo multimedia, deberíase a que o teu navegador non soporta marcos ou que neste momento está configurado para non visualizalos. Como alternativa, podes acceder ao contido no seguinte enlace: www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html]