16/12/12

MAIKEL, PROTAGONISTA.




ENTRE O 10 E O 14 DE DECEMBRO, O PROTAGONISTA NA NOSA CLASE FOI


MAIKEL






CADA VEZ OS PROTAGONISTAS COMPLICAN MÁIS O DEBUXO QUE HAI QUE FACER DELES, BUSCANDO POSES ONDE IMPORTA MOITO A COLOCACIÓN DAS EXTREMIDADES.


DESPOIS DA PRESENTACIÓN QUE FIXO MAIKEL, MONTAMOS O SEU RECANTO DE PROTAGONISTA, ONDE NON PODÍA FALTAR A SÚA CAMISA FAVORITA.

O DÍA DA VISITA DA FAMILIA, TIVEMOS MOI MALA SORTE. CHOVÍA MOITÍSIMO, NON PUIDEMOS SAÍR AO PATIO. HOUBO QUE FACER O RECREO NA AULA. E XUSTO, CANDO ÍAMOS EMPEZAR A XOGAR, CHEGOU A VISITA!! 
QUE PACIENCIA TIVERON FRAN E UXÍA!! 

PORQUE ERA NECESARIO UN CERCO DESCANSO, PERO TAMÉN HABÍA APURO POLA HORA QUE ERA E POLO TRABALLO DO PAI DE MAIKEL.

AO FINAL, A PESARES DE QUE O GRUPO EN XERAL TIÑA "MOITA PRÉSA" POR IR REMATANDO... A COUSA NON SAEU MAL DE TODO, E PUIDEMOS DISFRUTAR DUNS MOMENTIÑOS TODOS XUNTOS.




DO QUE FIXEMOS... AQUÍ QUEDA UNHA MOSTRA:



12/12/12

TEMOS UN NOVO XOGO, DE EXPRESIÓNS

NA COLUMNA DA DEREITA, ONDE ESTÁN AS ACTIVIDADES DO CORPO, PODEDES ACCEDER A UN XOGO QUE TRABALLA AS EXPRESIÓNS.

SE PICADES NA IMAXE TAMÉN PODEREDES XOGAR.


FOI RECOLLIDO DA PÁXINA JUGAR EN LÍNEA CON BARTOLO.


11/12/12

RUBÉN.... 5 ANAZOS!!!

POR RIBA DUN MAR DE BOMBÓNS,APARECE UN NENO QUE XA TEN 5 ANOS.



PARABENS RUBÉN!!!

10/12/12

XA ESTÁ O VÍDEO DE ÓSCAR...

DESPOIS DA VISITA AO TALLER, XA PODEMOS VER O VÍDEO DE ÓSCAR. QUEDA NA SÚA ENTRADA.

4/12/12

HOXE CUMPLO 5 ANOS!!

CANDO ESTÁ CHEGANDO O NADAL, SARA CELEBRAOS SEUS 5 ANOS, COMPARTINDO UN "CONTO DE NADAL".


3/12/12

3 DE DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

PROTAGONISTA: HUGO

REMATAMOS ESTE MES DE NOVEMBRO CON HUGO COMO PROTAGONISTA.

















POSADO PARA O RETRATO QUE FAN OS COMPAÑEIROS.











O ESPELLO, O GRAN ALIADO PARA FACER O MELLOR DOS AUTORRETRATOS.
















CANTAS COUSIÑAS PREPAROU HUGO COA SÚA FAMILIA PARA AMOSARNOS.






TIVEMOS MOITA SORTE NA VISITA, PORQUE VIÑERON DÚAS PERSOAS:






CHELY, A MAMÁ DE HUGO




















E TANIA, 

A SÚA MADRIÑA (E TÍA!!!)




CONTARON UN CONTO CHULÍSIMO, FALAMOS DE TODO UN POUCO E... DESPEDÍRONSE DOCEMENTE!!!


O CONTO "OS 3 PORQUIÑOS" QUEDARÁ NA PESTANA DE CANCIÓNS E CONTOS, QUE SE ATOPA DEBAIXO DO TÍTULO DE "ÉCHE O QUE HAI"


A CONTINUACIÓN, A PELI QUE TRATA DE CONTAR UN CHISCO DO MOITO QUE ACONTECEU NESTA SEMANA:
(QUEDOU UN CHISCO LONGA, ASÍ QUE PACIENCIÑA PARA QUE CARGUE!