NICOLÁS
NICO COMEZOU A SEMANA FACENDO AS TAREFAS QUE FAN TODOS OS PROTAGONISTAS:
O AUTORRETRATO
PESARSE
MEDIRSE
PRESENTAR UNHA MOCHILA CHEA DE VIDA...
NICO PRESTOU MOITA ATENCIÓN A DEIXAR UN RECANTO BEN XEITOSIÑO. |
O RESULTADO: CHULO, CHULO, CUN MONTÓN DE FOTOS CALSIFICADAS E ORDENADAS |
NO CASO DE NICO TIVEMOS QUE FACER UN APARTADO ESPECIAL PARA AS FOTOS QUE TROUXO COS SEUS IRMÁNS, JULIÁN E, SOBRE TODO, LUCAS.
MENUDOS GARDIÁNS!!!
POR ISO DECIMOS QUE NICO É O PROTAGONISTA MÁIS SEGURO!!!
ESTE VÍDEO É UN RESUMO DA PRESENTACIÓN DE NICO:
OUTRA TAREFA DE PROTAGONISTA: POSAR PARA SER RETRATADO POLOS COMPIS.
AQUÍ QUEDAN AS VERSIÓNS DE UXÍA E ÓSCAR
"VISITA DA FAMILIA"
ÉRA UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA, QUE MÁIS BEN PARECÍA INVERNO, EN QUE NON PUIDEMOS SAÍR AO PATIO NO RECREO (COMO TANTOS E TANTOS DÍAS).
POLO CORREDOR DO NOSO COLE, ASOMABAN DÚAS IRMÁS, UNHA MORENA E UNHA LOIRA QUE VIÑAN ACOMPAÑADAS DUN NENO, AGUDO COMA UN ALLO.
O NENO PRESENTOU ÁS DÚAS MOZAS, ERAN MANOLA E MARICARMEN E RESULTARON SER: A MAMÁ E A TÍA DO NOSO PROTAGONISTA.
VIÑAN MOI EQUIPADAS: UN CARTÓN AMARELO CON RAIAS E UNHA CAIXIÑA DON FABAS. SEICA ERA....
3 EN RAIA
AO POUCO DE CHEGAR, A NOSA CLASE XA PARECÍA O MESMIÑO CASINO DA ILLA DA TOXA. MANOLA ATREVEUSE A RETAR A TODOS OS VALENTES ARRISCADOS QUE SE "ENFRONTABAN" A ELA.
CUNHA CHEA DE PACIENCIA FOI ENSINANDO O XOGO A MOITOS NENOS,
ALGÚNS QUE PRESUMÍAN DE SABER XOGAR, E DESPOIS, JEJEJE, SUCUMBÍAN ANTE AS SÚAS DOTES.
DESPOIS DO XOGO, CHEGOULLE A VEZ Á TÍA, A MARICARMEN, QUE ÍA FACER DE:
MIRADE QUE LLE DOU VOLTAS MARICARMEN PARA DAR CON UN CONTO, PORQUE COMO XA COÑECÍAN TODOS OS QUE ELA PROPOÑÍA...
AO FINAL ACORDAMOS ESCOITAR A SÚA VERSIÓN DOS "7 CABRIÑOS E O LOBO",
E.... NON DECEPCIONOU!!
QUEREDES SABER COMO FOI?
POIS... QUEDARÁ COLGADO NO APARTADO DE CONTOS, ARRIBA DE TODO NESTE BLOG (AÍNDA QUE PARA ISO HABERÁ QUE AGARDAR A QUE A FÁBRICA DE VÍDEOS TEÑA UN MOMENTO)
E COLORÍN COLOROU... ESTE CONTO REMATOU!!
NON SEN ANTES DICIR:
MOITAS GRAZAS FAMILIA!!
MOITAS GRAZAS
MARICARMEN E MANOLA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario