O DÍA 8 DE MAIO, VARIAS CLASES DO NOSO COLE ACUDIMOS A SILLEDA PARA CELEBRAR O CORRELÍNGUA.
NÓS NON PODIAMOS FALTAR!!!
ASÍ QUE ATA ALÁ NOS DESPRAZAMOS OS "MÁIS VELLOS" DO CEIP DE FIGUEIROA: 5º E 6º DE PRIMARIA E 6º DE INFANTIL.
A NOSA AMBIENTACIÓN FOI MOI SINXELA PERO MOI SIGNIFICATIVA: UN NARIZ E UN SOMBREIRO, PARA IMITAR ´IMAXE MÁIS COÑECIDA DE VIDAL BOLAÑO.
AQUÍ É OBRIGATORIO AGRADECER ÁS FAMILIAS QUE CONSEGUISTES, EN TAN POUCO TEMPO, SOMBREIROS E, SOBRE TODO, OS NARICES DE PALLASO (A ESTAS ALTURAS DO ANO)
AQUÍ QUEDA UN RESUMO DO NOSO PASO POLO CORRELÍNGUA...
A DELEGACIÓN DE FIGUEIROA |
TAMÉN ESTABA ALÍ A NOSA SANDRIÑA |
POR MOR DA CHOIVA, NÓS REIVINDICAMOS O GALEGO POLO PASEO DE SOPORTAIS |
CONTAMOS CON PETER PUNK, QUE NOS FIXO RIR UN CACHO |
TAMÉN ACTUOU BALBINA, QUE BAIXOU DO ESCENARIO
PARA INTERESARSE POLO NOSO ATUENDO.
PREGUNTOU A ANTÓN SE SABÍA PORQUE IAMOS
CON SOMBREIRO E NARIZ DE PALLASO E POLA SÚA RESPOSTA CORRECTA,
AGASALLOUNO CUN CD DA SÚA MÚSICA.
ROI ENGADIU QUE ESTABAMOS ALÍ PARA
DEFENDER O GALEGO E ISO "COSTOULLE" OUTRO CD.
HAI UN PEQUENO VÍDEO QUE RECOLLE ESTAS INTERVENCIÓNS, PERO É DE MOI MALA CALIDADE, EN CASO DE PODER FACER ALGO CON EL, QUEDARÁ SUBIDO NO BLOG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario