RUBÉN
QUE GANIÑAS TIÑA RUBÉN DE QUE CHEGARA A SÚA VEZ.
APLICOUSE MOITO PARA FACER OS TRABALLOS.
MÁXIMA ATENCIÓN PARA O AUTORRETRATO |
A VER CANTO MEDREI!!! |
CANTOS QUILIÑOS PESO? |
A VER QUE RETRATO FAN @S COMPAÑEIR@S!!!
EN CANTO SAIMOS AO CORREDOR A FACER AS FOTOS PARA O RETRATO, AXIÑA SE COLOCOU NO QUE EL ENTENDÍA QUE ERA UNHA POSICIÓN COMPLICADA, E NON SE ENGANOU!!!
TRABALLAR O PERFIL E AS ARTICULACIÓNS FLEXIONADAS, COSTOULLE A MÁIS DUN.
AÍNDA QUE DESTA VOLTA, NO VÍDEO VAN TODOS OS DEBUXOS, AQUÍ DEIXAMOS ALGUNHA MOSTRA, DE HUGO E IAGO.
A MOCHILA DO PROTAGONISTA VEU ACOMPAÑADA DE MOITAS EXPLICACIÓNS. A HISTORIA FAVORITA DOS NENOS FOI A QUE TIÑA QUE VER CON SOFÁS DE COIRO, POLVOS DE TALCO,.... ESTE RUBÉN É O DEMO!!!
AO FINAL RESULTOU UN BONITO RECANTO DO PROTAGONISTA:
E AQUÍ QUEDA O VÍDEO, A 1ª PARTE ONDE COÑECEMOS TODO O QUE RUBÉN TROUXO DA CASA.
O XOVES, VISITA DA FAMILIA
ATA A NOSA CLASE VIÑERON MARICARMEN E LUCÍA, QUE SON A MAMÁ E A CURMÁ DE RUBÉN.
LUCÍA CONTOUNOS COUSAS MOI INTERESANTES SOBRE A SÚA AFICIÓN FAVORITA: O BAILE. ADEMÁIS DE PRACTICALO E COMPETIR, TAMÉN DÁ CLASES. RUBÉN É O SEU ALUMNO
TROUXO DE TODO: CALZADO, VESTIDOS, TROFEOS, E O MELLOR DE TODO, TROUXO... O BAILE!!!
RUBÉN CUN DOS TROFEOS DE LUCÍA, PARA QUEN MIRA CON ESES OLLIÑOS |
.
MARICARMEN AMOSA UNHA DAS ACROBACIAS DE LUCÍA NUNHA FOTO |
CO QUE MÁIS DISFRUTOU O SECTOR FEMENINO DA CLASE:
OS VESTIDOS DE BAILE DE LUCÍA:
MOITAS GRAZAS FAMILIA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario